
Descubrín hoxe esta aplicación para bloggers maqueiros e ando a probala. Pinta moi, pero que moi ben. Para postear dende o escritorio, sen necesidade de abrir o navegador e dende múltiples plataformas.
Probádea. Blogo.
Publicado en Diario | Deixa un comentario »

Venderá un pato? Un pato co que regala unha moto? Visto en Melide, capital do melindre.
Publicado en a pé de rúa (atropelo seguro) | 2 Comentarios »
Si, volvo. Para quedar? Non o sei. Só sei que me aptece escribir algo de novo. Frecuencia? Se vos puidera dicir un ritmo de publicación esta volta estaría morta antes de nacer. Así que só iso, volvo.
Publicado en Diario | 3 Comentarios »
Si, estou ata arriba de choio. O traballo, cursos de verán, traballos para os seminarios de doutoramento… Non do a basto… Estes días pregúntome como fai Gago para postear catro veces ó día e sacar de diante a cantidade de traballo que saca… Seres superiores, sen dúbida
Pois iso, que vos deixo un tema de Rufus Wainwright, Going to a Town (Graciñas Melisa
). Eu coñecíao por este outro, pero sen dúbida o que vos deixo aquí gústame máis. Eña, que Rodrigo Alsina non espera…
Publicado en Diario | 3 Comentarios »
Teño unha xoia, si. Debo ser dos poucos que xa ten o Nokia N95. Vai coma un tiro. Un día destes comentareivos máis. Hoxe tiña que poñer este vídeo, sentíame na obriga… Manolo, dedícocho
É a solaina da casa de meu avó, en San Cibrao, comarca da Ulloa. Por certo, o ghato anda de quente, e o capón por aí, por aí, jeje
Publicado en Nokia N95 | 2 Comentarios »
Pois iso, que “how strong seems to me…”. Teño que dicir que é compañeiro de promoción. Si, si, o das melenas… E estou vendo que a este a carreira cundiulle máis ca min… E como din polo máis recóndito de Emerald Island, “from lost to the river”.
Vía Merillou (xa che vale, por certo
)
Publicado en Youtoubeando | 4 Comentarios »
Dáme un bo rollo esta canción que non é normal. Consegue animarme. Carlinhos Brown fai ese tipo de música á que é imposible negarlle un ritmo e sentido a cada nota e sílaba. O dito, que me gusta un juevo e parte do outro.
Vê-la num largo, largo longo, ê, ê
Sinto-me teu mi
Traz aquilo que busco la longe
la no bar e vi
Dia nublado, Neblon, ê, ê
Pra dissecar malhas claras
Agua de chuva e sangue
O que sera nossas caras
Não sei de vai, mas sai
Fala fulô, proesia…oa
Seja dique e va nadando
Fala fulô, proesia, iê
Ouço os sinos repicando
Fala fulô, proesia… e não
Não escute e va andando (rezando)
Fala fulô, proesia,
Pray I, I want
Ai, I want pray
Publicado en Diario | 1 Comentario »
Flipade co que fai este fulano xogando ós bolos…
Publicado en Youtoubeando | Deixa un comentario »
Home orquestra. Coma Suso de Boente, pero sen organillo. Impresionante este concursante da OT francesa.
Publicado en Youtoubeando | 1 Comentario »