Comezan as rebaixas e os Harvey Nichols anúncianas así. Unha auténtica loita de titáns
Arquivo de Febreiro, 2007
Waaaasssssaaaaa!
Posted in Diario on 27 Febreiro 2007 | Deixa un comentario »
O tío macho acobadado
Posted in Diario on 25 Febreiro 2007 | 1 Comentario »
Non somos nada chico… Por un golpe da vida (nunca mellor dito xa que foi a causa dun accidente que case me custa a vida) tiven que cambiar de coche. Pasei dunha Scenic a un Megane. Sempre con Renault, que me ofrece un plus de seguridade e confianza, non me preguntedes por que. Dunha monovolumen [...]
Abraiante, vía Tereija
Posted in Diario on 16 Febreiro 2007 | Deixa un comentario »
Isto vino na bitácora de Tereija e quedei abraiado. Sempre me gustou o tema da papiroflexia, pero isto supera con creces as espectativas dun tipo coma min, a quen lle custa un mundo face-lo barquiño máis cutre do mundo. E quen ían ser, senón o xaponeses, os que se atreveran con [...]
The Simpsons
Posted in Youtoubeando on 14 Febreiro 2007 | 4 Comentarios »
Unha das cousas que máis me gusta dos Simpson son as introduccións que preceden a cada capítulo, ese momento no que a familia de Springfield se senta no sofá. Cada vez chegan dun xeito diferente e acontece algo distinto. Atopei este vídeo que recopila unhas cantas desas intros. Aí volo deixo. [...]
Volve o Nadal á miña casa
Posted in Diario on 13 Febreiro 2007 | 1 Comentario »
Son un fanático do Nadal. Gústame ver as rúas enxoiadas con centos de luces e empaparme do espírito alleo de bondade e felicidade. Estes días asisto incrédulo ó rexurdir dunha pranta de Pascua que lle regalaron a miña nai o pasado Nadal e sinto, dalgún xeito, que os día pasados voltan. Aquí vos deixo o [...]
A Copa, para o Barça
Posted in Vicio on 11 Febreiro 2007 | 1 Comentario »
Mal, moi mal. 4 triplas de 30 intentos, un escaso 40% de efectividade nos tiros de dous e tan só 4 asistencias mataron ó Real na final de hoxe contra o Barça. O equipo de Plaza é o mellor ataque da liga regular (88,7 puntos por partido) e nos dous primeiros cuartos da final meteu [...]
100 mulleres de futbolistas
Posted in Diario on 11 Febreiro 2007 | Deixa un comentario »
Non sei que está a pasar neste mundo no que un lle dá patadas a un balón (cobrando máis e facendo menos cada ano) mentres a muller cotiza por ese novo módulo: Esposa de futbolista famoso. O resto, aquí.
O Real volta á final da Copa
Posted in Vicio on 10 Febreiro 2007 | 1 Comentario »
Por fin o Real Madrid volta a xogar unha final da Copa do Rei, que desta volta se está a disputar en Málaga, no Martín Carpena. Para iso tivo que vencer ó TAU (72-74), equipo que nunca estivera por detrás no marcador nesta edición copeira ata que se topou co conxunto de Joan Plaza. Mira [...]
World Press Photo 2006: And the winner is…
Posted in Sen categoría on 9 Febreiro 2007 | Deixa un comentario »
Esta fotografía é a gañadora do World Press Photo of the Year 2006. Fíxoa o estadounidense Spencer Platt o 15 de agosto no sur de Beirut. Parece unha obra de arte do Photoshop. O coche dá a sensación de estar pegado enriba dun fondo onde houbo un atentado. Quen lle dera ó informático da Casa [...]
Un deses días
Posted in Diario on 9 Febreiro 2007 | Deixa un comentario »
Nos que o corpo non pode coa alma. Cando as pernas non terman do corpo, nin os pés das pernas. Levántaste e déixaste caer na cama outra vez. Dóenche os ollos polo simple feito de abrilos. A mirada esquecida agarda un asubío para volver á realidade. Tes fame pero non gañas de comer. Miras para [...]