Isto vino na bitácora de Tereija e quedei abraiado. Sempre me gustou o tema da papiroflexia, pero isto supera con creces as espectativas dun tipo coma min, a quen lle custa un mundo face-lo barquiño máis cutre do mundo. E quen ían ser, senón o xaponeses, os que se atreveran con tal empresa… Non vos perdades o final do vídeo. É impresionante.
Notiña: Que é o primeiro que fago cada vez que me conecto? Botarlle unha ollada a dúas bitácoras. A primeira, Capítulo 0, de Manuel Gago. Por que? Porque alí é onde atopo todas esas cousas que me fan seguir o fío do mundo. A segunda, Acurrúcate, de Tereija. Por que? Porque é un fío do mundo paralelo ó de Gago, pero totalmente diferente. Gústame comezar así as miñas xornadas na rede. Recoméndovolos.