Dende Patrick Ewing ninguén bailara nunha zona como o fixo Riki o pasado sábado en Chantada. O pívot melidao fixo un par de xogadas que abraiaron a todo aquel que estaba a ve-lo partido. O encontro chegou igualado ó terceiro cuarto. Foi entón cando Riki colleu o balón na liña de tres (dando bo exemplo de como se abre un pivote máis aló do poste alto) e penetrou a canasta “cual gacela”. Pasando o balón por detrás das costas deixou virollos ós pivotes do Chantada e facendo gala dunha humildade que o caracteriza deu unha asistencia maxistral para deixa a Jose Vilar das Donas alias “el manifa” só debaixo do aro. Dous puntos ao marcador. Dende ese momento os de Palas fómonos no marcador. Os corriños da grada falaban da axilidade do grande pivote do Palas. Carallo, como se move.
Cando o partido estaba decidido (faltaban 2 minutos e gañabamos de 17) Riki recibiu no poste baixo, amagou con xirarse cara o interior e deu un pase picado de costas ao defensor facéndolle un “caño” e deixando só para anotar a Pedro. Buah tío, o que fixo o fulano, dicían na grada.
Esta é a historia do Ewing melidao que xoga para o Palas. Un tipo grande que baila claqué na zona como o facía Pat e ó mesmo tempo amosa cabeza de base organizador, ao estilo do mellor Divac. Unha sorte poder xogar ó seu lado. Por moitos anos Riki! (nós non xugamos no Triscos, pero todo se andará
).
Se analizamos o tema e pormenorizamos hai que botarlle a culpa ó xantar recuperador do venres concerteiro que oficiamos na Baiuca a base de boas viandas e millor compaña.
Brutal o man a man criolleriro, jajja.
Carlos a tua calidade como xornalista aválate pero coido que desta volta caiches algo na hipérbole, cousa que se entende debido o grado de amizade que nos procesamos dende hai anos.
Pero bueno como diría o gran filósofo xeteiro “Agua que no has de beber…”, preguntas: canto H2O hai nun tubérculo?, cantos ferrados haberá dende o Marco ata o Coto? jaja
Dicir que a miña acutación o sábado esta fundamenta en coñecementos adequeridos ó longo de anos de xogar a sombra do mítico Juan “Waterfire” Rosquilla que me aprendeu moitas cousas entre elas a facer o Café Aragonés, é dicir con Jotas.
Carlos agrádecese este post ademais tendo en conta que o día ten 24 horas e que ti e mais José “manifas” non sei de onde cona sacades otempo sempre estades onde tedes que estar.
PD: Oiches obrigadisimo polos DVDs, estan brutais, joer que tempos
PD2: A polo Viveiro e esperemos que reaparecea o “Francotirador da Ulloa” o señor Toural, jajja cantas triplas nun partido?, non me acordo pero unha burrada.
Dd3: Nunca pensei que botaría de menos o persoeiro conocido como o Fary (habitual trencilla por terras de Belesar) en sustitución da parexa que arbitrou o outro día que respnden o modelo de “chantadin@ que pasaba por alí”
pd5: “Cajo nos rapaces dos petardos”
Efectivamente Riki, “Cajo nos rapaces dos petardos” e viva Juan “Waterfire” Rosquilla e os seus mil pasiños debaixo do aro contrario. Un xugador total
Polo demais creo que a hipérbole non é necesaria ante un xugador da túa calidade, como tes demostrado. En todo caso sempre nos quedará a tipa da mesa (esa que por algunha razón me colleu manía) para corroborar a miña versión dos feitos e dar fe de que todo foi como conto
Unha aperta melidao!
Mentras sona de fondo o “Concierto de Aranjuez” escribo esto, Carlos tes ficha para escribir no blog?
A da mesa moi mal pero o “bedel” aínda peor que xustificaba a actuación arbitral debido a “nonseique” do partido de ida de Palas, sei que a paixón polas cores ulloás é superior ás veces ó razocinio pero o mellor estas veces e pasar deste personal e non gastar saliva, total non vas gañar nada.
Sen mais e cando acaba este corte baixado do ares , mañá vamos pinchar a Viveiro, xa verás
jejjej veña