O grupo Naturally 7 deleita ós pasaxeiros dunha liña de metro de París cunha jam session. Non me importaría pagar o traxecto máis largo por escoitalos. Unha pasada. E que che pase en directo debe ser incrible!
Notiña: observado ó fulano que está de costas para eles. Ten uns cascos nas orellas e simula non se enterar de que están a cantar detrás del (a pesar de que a xente está mirando na súa dirección, e non precisamente para el). Manda carafio. Que nin se digne a xirarse e ver o que só escoita.
Vía Capítulo 0