Saes da cama coa legaña colgándoche ata o queixo. Ducha pertinente (omito o paso da mexada -para os máis puretas direi micción- matutina). Almorzo (para quen o tome). Subes ó coche e poste a conducir cara o traballo. Radio posta. Logo de tres curvas decátaste de que levas dende o Coto en cuarta e co coche morrendo (e estás xa chegando a Arzúa). Resulta que levas detrás do mesmo coche a oitenta case vinte minutos. Cajonhastanacontribución! Comezan as primeiras tentativas de adiantamento. Nada chico. En canto hai unha discontinua veñen coches. E segues detrás do individuo á mesma velocidade. Oitenta kilómetros por hora. Máis exactos ca cando lle poño o regulador de velocidade ó coche. O curioso é que o paisano vai a oitenta polos tramos de estrada nos que pode ir a cen (respeto a súa prudencia, neste caso), pero mantén a velocidade nos limitados a cincuenta. É dicir, pasa de ser un tipo prudente a un fulano que non ten nin idea de conducir. Cajonotipodediola. O resultado é que vas coméndolle o cu toda unha viaxe Palas-Santiago porque non tes nin unha soa ocasión de adiantar. Nos tramos de estrada sen limitación xusto detrás del. Onde unha aldea ou vila marca os pertintes cincuenta kilómetros por hora como máximo o tipo escápase porque segue a ointenta. En canto remata a prohibición, volvo estar enriba del. Chegas a Santiago encabronado. Xuro que nunca serei ochentista. Cando os reflexos flaqueen ire amodo, pero respetarei sempre os límites de velocidade nas aldeas e vilas. Cajonamadrequepariuósochentistas.
Macho, iache deixar un comentario, pero extendinme demasiado e preferín facer unha entrada no blog… entra e le:
http://vitorpalas.blogspot.com/2007/03/cenistas.html
Canta razón tes.. Eu comprobeino hoxe nas miñas carnes, desde Melide ata as curvas de San Pedro nas que o adiantei (gracias a que ía hacia Palas e non para Millí e pillei o carril de “lentos”) detrás dun ochentista desos. E o peor de todo é que era un BMW da ostia, eu sempre me pregunto a xente para que compra esos coches..