- Si ho… Aquel fulano que viaxaba nunha cabina que pelexaba contra extraterrestres que cuspían líquidos verdes.
- Xa recordo! A cabina creo que se chamaba Tardis!
- Si! Por fin atopo a alguén que recorde a mítica serie que botaron na Telegaita aló por finais dos 80′… Que vellos imos…
Pois unha das miñas primeiras lembranzas está vinculada ó Doutor Who e ó único capítulo que lembro (e que, curiosamente, tamén é o único que lembran os teñen a idade suficiente). E un no que había un bicho asqueroso que tiña a capacidade de mutar á xente polo tacto e un homiño ó que tocara, tardaba como dous ou tres capítulos en transformarse…
Que recordos! Eu era moi pequena e case non lembro nada, pero a musiquiña e a intro nunca a esquecerei.
Apertas dun brionés residente en Monterroso! (Ramón Pais Pazos, galego global)
E aquel outro capítulo de seres que viviam baixo terra e que convertiam em ouro todo o que tocavam, ou aquel na que os malos eram uns extraterrestres con ventosas tipo polbos, …